
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, acudiron hoxe á festa de clausura do Campamento Concilia Verán 2026 que se celebrou no pavillón do Praia Xardín con inchábeis e actividades para a rapazada.
Participaron este ano un total de 220 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos repartidos nos centros de Boiro, Abanqueiro, Cabo e Cespón dende o 1 de xullo e ata este venres. “Este campamento é un recurso lúdico e especialmente de conciliación para as familias durante a época estival, con horarios adaptados ás necesidades e que cada ano vemos que ten maior aceptación“, afirmou o alcalde.

A rapazada participante realizou actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas con enfoques non sexistas e con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas.
“As nenas e nenos puideron desfrutar de actividades nos centros, saídas, xogos… contribuíndo á aprendizaxe e ao benestar dos nenos e nenas“, recoñeceu a concelleira, Carmen Silva.




