Éxito de participación (e diversión) do campamento do programa Verán Activo 2026 en Lousame

07 Agosto 2026

Este venres 7 de agosto remata o programa de Actividades de Verán 2026, que comezou este luns coa benvida da tenente de alcalde e concelleira de Educación e Cultura, Silvia Agrafojo Filgueira aos preto de 50 rapaces.

A iniciativa, clave para a conciliación das familias de Lousame, consistiu nun campamento dirixido a nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos de idade e que se desenvolveu esta semana en horario de 9:00 a 20:00 horas, co Polideportivo da Silva como epicentro das actividades.

“Mantemos o horario de todo o día porque á xente lle gusta, aínda que se algunha familia precisa deixar ao pequeno antes das nove da mañá tamén poderá facelo dende as 8:15 horas”, indicou Silvia Agrafojo.

Dentro das actividades previstas para esta semana no Campamento de Verán Activo, os nenos e nenas puideron desfrutar o pasado luns da festa con inchables, touro mecánico, barra xiratoria e fútbol humano, así como da piscina con inchables acuáticos.

O día seguinte tomaron protagonismo os xogos variados e uns bos granizados, así como a dinamización deportiva no polideportivo municipal, e unha sesión de cine cunha boa ración de flocos de millo.

O mércores visitaron o Aquapark de Cerdera e este xoves a rapazada de Lousame encheu a praia de Barraña-Boiro onde, ademais de desfrutar na auga e cos caiacs, practicaron paddle surf. Hoxe, último día, o broche final o porá o cine cunha pantalla xigante no pavillón, o taller de pintado de caras e rastreo. Despois de xantar espéralles na piscina municipal inchables, cócteis sen alcohol, e festa da escuma no campo de fútbol.

Finalmente, a noitiña despediranse dos rapaces o alcalde, Esteban Ares, e a tenente de alcalde e concelleira de Educación e Cultura, Silvia Agrafojo Filgueira nun emotivo acto de entrega de diplomas conmemorativos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.