Este sábado comezan as Festas Patronais de Caamaño

12 Agosto 2026

A parroquia sonense de Caamaño vai celebrar esta fin de semana as súas Festas Patronais 2026, entre o sábado 15 de agosto e o luns 17. A axenda vén cargada de festa e deporte e tamén de importantes actividades relixiosas. Haberá misas, ruadas, exhibicións deportivas, sesións vermú e unha gran sardiñada o sábado 15 de agosto.

A axenda dará comezo o sábado 15, día adicado á Nosa Señora, que arrincará con dianas e alboradas a cargo do Grupo Canlebó de Camboño. Logo (ás 13h) haberá unha misa solemne na Igrexa Parroquial na honra da patroa seguida de procesión. Ao remate celebrarase unha sesión vermú a carón da igrexa cunha gran sardiñada de balde e animada por Paco de Leña. Polo serán, ás 19.30 horas, haberá unha exhibición de taekwondo no Natural Caamaño na Casa da Cultura.

O domingo 16 de agosto será o día adicado a San Roque, e comezará con dianas e alboradas da man da agrupación Andavía. Ás 13h celebrarase unha misa solemne na Igrexa Parroquial seguida de procesión.

O luns 17 de agosto será o día dedicado á Virxe do Carme. Haberá dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Caamaño e ás 13h celebrarase unha misa solemne na Igrexa Parroquial en recordo de tódolos mariñeiros que deixaron a vida no mar, e cunha especial homenaxe a dona María del Carmen Lema Pouso e ao director da Banda de Música local, Francisco Olveira Santos.

Ao remate celebrarase a tradicional procesión.

Pola noite 21 bombas de palenque porán o remate ás festas patronais.

Organiza a Asociación Cultural Festas de Pedra Furada (Comisión de Festas de Caamaño) en colaboración coa veciñanza da parroquia e o Concello do Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.