Este domingo 30 de agosto arrincan as Festas de San Ramón de Bealo

26 Agosto 2026

Este domingo 30 de agosto comezan as Festas de San Ramón de Bealo (Boiro), unha das grandes celebracións relixiosas e culturais da comarca do Barbanza que ofrecerán a veciños e visitantes case unha semana de actividades (ata o domingo 6 de setembro).

As festas comezan o domingo 30 coa subida dos santos ao mediodía (procesión dende a Igrexa ata San Ramón) e cunha misa solemne na honra de San Gregorio (ás 12.30). Polo serán (ás 21h) celebrarase unha novena por San Ramón e logo pola noite haberá unha gran verbena co Grupo Montreal e DJs: Planet, DJ Disco Móbil e Tito Maverick.

O luns 31 haberá misas rezadas dende as 9.00 da mañá na honra de San Ramón, culminando ás 13h cunha misa cantada seguida por unha sesión vermú. Ás 19.30 está prevista a actuación de grupos de baile tradicional. Pola noite haberá novamente verbena con La Conexión e Elebé 2.0.

A axenda do martes 1 comezará ás 12h cunha misa solemne por San Roque e pola noite haberá verbena con a Orquestra D’Noche e o Grupo La Bamba.

O mércores 2 arrincará cunha misa solemne na honra da Virxe das Dores, ás 12h. Pola noite haberá verbena coa Orquestra Compostela e co Grupo Unión y Fuerza.

A programación do xoves 3 comezará ás 12h cunha misa solemne na honra da Virxe da Milagrosa. Despois haberá unha misa de baixada dos santos á igrexa parroquial. Pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Marbella e Los Satélites.

O domingo 6 a axenda arrincará ás 12h cunha misa solemne na honra de San Ramón Pequeno. Logo haberá unha actuación de música tradicional galega con Aires de Río Vello. Tamén está prevista unha celebración gastronómica con polbo e viño a prezos populares.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.