Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, o 26 de setembro

31 Agosto 2026

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

Como antesala da cita musical, ás 17.00 horas desenvolverase A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura, enmarcada nas actividades Coñece o teu patrimonio que acompañan os concertos do ciclo. A información relativa ás inscricións está dispoñíbel na páxina web de Espazos Sonoros.

Logo, ás 20.30 horas, a Igrexa de Santiago da Pobra do Deán acollerá o concerto de Sara Ruiz, de balde e con entrada libre ata completar a capacidade.

Desde a Concellería de Cultura, a edil Patricia Lojo pon en valor a celebración desta iniciativa na vila e destaca o traballo que se vén desenvolvendo desde a área municipal para favorecer unha programación cultural diversa e achegar diferentes propostas á veciñanza. Neste caso, Espazos Sonoros permite tamén vincular a música co coñecemento e a posta en valor do patrimonio, da historia e da literatura local. A concelleira anima tanto á poboación da Pobra como ás persoas visitantes a participar na xornada.

Entre o 5 de setembro e o 8 de outubro, Espazos Sonoros 2026 percorrerá diferentes enclaves. Ademais da Pobra do Caramiñal, o programa inclúe citas en Arteixo, Betanzos, Vilasantar, Malpica de Bergantiños e Oza-Cesuras, antes de pechar a edición en Viena.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.