Dúas persoas excarceradas e trasladadas ao hospital tras envorcar co seu coche en Santiago

20 Agosto 2026

Dúas persoas tiveron que ser liberadas polos servizos de emerxencia tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico a primeira hora da mañá en Santiago de Compostela. O sinistro produciuse ao redor das 8.40 horas, cando un único turismo saíu da vía e acabou envorcando nunha rotonda situada na avenida do Cruceiro da Coruña.

A consecuencia do impacto, ambos os ocupantes quedaron atrapados no interior do habitáculo sen posibilidade de saír polos seus propios medios. Tras recibir a alerta, a central do 112 Galicia mobilizou de inmediato o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santiago e a Policía Local.

Unha vez no lugar do accidente, a dotación de bombeiros procedeu a liberar as dúas vítimas empregando equipos de excarceración. Tras seren atendidos polos profesionais sanitarios desprazados ao punto, ambos os feridos foron evacuados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.