O domingo Galicia quedará nunha situación sinóptica marcada polo vento do oeste. Deste xeito, teremos presenza de brétemas en moitas zonas do litoral e ceo máis despexado no interior e na Mariña co avance do día. Pola tarde medrarán algunhas nubes de evolución nas montañas do leste de Lugo e de Ourense. As temperaturas mínimas non tiveron cambios e as máximas descenderán lixeiramente, agás na Mariña onde ascenderán. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.(máximas de 24 a 26 graos).

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade mala á mañá, boa á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



