“CRÓNICAS RIBEIRENSES: Emigrantes irregulares galegos en América” – Antón Luaces

30 Agosto 2026

Existe unha longa historia da emigración galega protagonizada desde finais do século XIX por mariñeiros do sector pesca reconvertidos en mariños mercantes a bordo de buques moitos deles de bandeira europea. Mariñeiros nomeadamente procedentes da comarca do Barbanza e, singularmente, do concello de Ribeira. Aquí, precisamente, e na Pobra,  naceron as primeiras axencias encargadas de tramitar os contratos de traballo de cidadáns que se enrolaban en buques  mercantes noruegueses, alemáns, holandeses, etc. cuxos tripulantes galegos a duras penas lograban entenderse cos mandos do buque de destino, cousa que máis ou menos acadaban grazas ao idioma internacional dos sinais.

Do Barbanza saían decote importantes partidas de emigrantes que, con amplos coñecementos de navegación en dornas ou barcos de pesca, debían afrontar o seu presente a bordo de grandes cargueiros para se labrar un futuro como migrantes ilegais (irregulares) en, por exemplo, Estados Unidos de América, país cuxa policía mantiña unha especial vixilancia no porto de Nova York coñecedora de que era a vía de entrada ilegal de migrantes que, co paso do tempo -e se tiñan a sorte de non seren identificados previamente- tentarían pasar a Canadá coma turistas para retornar a USA e, deste xeito, legalizar a súa situación administrativa no país do seu desembarco irregular. 

Polo medio, un largo período de vivir ás agochadas na cidade dos rañaceos  ou poboacións máis ou menos próximas nas que falar en español non era o maior obstáculo.

Ducias de barbanzáns embarcados en buques europeos que facían a ruta a Estados Unidos, con estadías curtas en portos doutros países, empregaron este sistema ou outro semellante para acceder a un posto de traballo en terra e “legalizar” a súa situación no país após desembarcar con permiso do capitán do barco alegando que ían tomar unhas copas. Non regresaban a bordo e con sorte, atopaban traballo en, por exemplo, unha “morge”, preferentemente na quenda de noite (cando a policía non efectuaba inspección de traballadores) realizando o traslado de mortos en accidentes ou asasinatos, algo que non tódolos demandantes de emprego facían de boa gaña, pero que sí asumían os galegos, sabedores de que, deste xeito, durante o día podían permanecer no cuarto que tiñan en alugueiro e abandonalo para iren traballar pola noite. 

Hoxe en día, regularizada a súa situación, son moitos os barbanzáns nacionalizados estadounidenses que para nada temen as medidas impostas pola administración Trump para expulsar do país aos migrantes irregulares. Agora son tan americanos como moitos dos integrantes da familia Trump e os membros do ICE nada poden facer contra deles.

Nova York fala español e galego grazas en boa medida a mariños mercantes feitos “á machada” no remo de couso dunha dorna de Ribeira que potenciaron o seu saber mariñeiro en Amsterdam  para, a bordo dun mercante noruegués, sentar “cátedra” de cara a Manhattan.

En Ceuta a migración irregular non ten a galegos coma protagonistas.

Outros artigos

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.