Cazan a catro furtivos con case 155 quilos de berberecho no Parque Natural de Corrubedo

21 Agosto 2026

Os axentes da nova unidade UICON interceptaron os infractores de noite mediante o uso de drons e visores térmicos nunha zona de acceso restrinxido. Os axentes da UICON detectaron a infracción durante un operativo de vixilancia antifurtivismo, coa presenza de 4 furtivos nunha zona restrinxida deste espazo natural.

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Conservación da Natureza (UICON), pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, incautaron 154,7 quilogramos de berberecho extraídos de xeito ilegal no Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

A intervención produciuse no marco dun dispositivo antifurtivismo despregado nunha zona de acceso restrinxido do parque natural. Durante o operativo —no que se empregaron medios tecnolóxicos como drons, visores nocturnos e prismáticos— os axentes localizaron a catro persoas mentres mariscaban sen autorización e detectaron os puntos onde ocultaban as capturas. Ao comprobarse que o marisco se atopaba en bo estado, foi reintegrado de inmediato ao seu hábitat.

Denuncias por infracción da Lei de Patrimonio Natural

Os catro implicados foron identificados e denunciados por vulnerar a Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, normativa que tipifica como infracción a extracción non autorizada de recursos en espazos protexidos.

A operación forma parte do plan de actuación da UICON, unha brigada móbil autonómica integrada por oito axentes especializados que a Xunta puxo en funcionamento este ano para combater delitos ambientais complexos que demandan vixilancia técnica avanzada e cobertura en todo o territorio galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.