Catro detidos e 1.500 quilos de cocaína intervidos nunha operación antidroga na Pobra do Caramiñal

22 Agosto 2026

A Policía Nacional despregou o operativo durante a madrugada e mantivo os rexistros ao longo de toda a xornada deste sábado.

As investigacións vinculan o alixo intervido co clan dos Fanchos.

A Policía Nacional detivo este sábado catro persoas e incautou máis de 1.500 quilos de cocaína nunha importante operación contra o narcotráfico desenvolvida no municipio da Pobra do Caramiñal.

O dispositivo policial centrou as súas actuacións nas inmediacións da praia do Conchido, a carón do límite municipal con Boiro. Durante o operativo, os axentes accederon a unha caseta situada fronte a unha vivenda próxima ao areal, de onde foron retirando os fardos co cargamento de estupefacientes ao longo do día.

Fontes da investigación vencellan este operativo co clan dos Fanchos. Ao peche da xornada, efectivos policiais e a comitiva xudicial continuaban cos traballos sobre o terreo nunha operación que segue aberta, polo que non se descartan novos arrestos nin variacións no balance definitivo da droga incautada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.