Castiñeiras celebra as súas festas do verán cunha homenaxe a María Vilas e a procesión marítima do Carme

18 Agosto 2026

A parroquia ribeirense acollerá tres xornadas de celebracións do 21 ao 23 de agosto, incluíndo unha gran sardiñada popular e a saída da imaxe relixiosa en catamarán.

A parroquia de Castiñeiras prepárase para vivir tres días de festexos patronais entre o venres 21 e o domingo 23 de agosto. O programa foi presentado polo concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; e as representantes da comisión organizadora, Manolita Vidal e Beatriz Rodríguez.

Entre os fitos principais da edición deste ano figuran a colocación da estrela no paseo da fama en honra da nadadora olímpica María Vilas, a tradicional sardiñada no porto e a procesión marítima a bordo dun catamarán na honra da Virxe do Carme.

Programa de actos

  • Venres, 21 de agosto:
    • 10:00 h: Bombas de palenque anunciando o inicio dos festexos.
    • 20:00 h: Misa na honra do Sagrado Corazón de Xesús.
    • 22:30 h: Verbena e sesión musical con MG, DJ Iván Mata e DJ Maverick.
  • Sábado, 22 de agosto:
    • 10:00 h: Bombas de palenque.
    • 12:00 h: Alboradas polas rúas co grupo de gaitas Salgueiriños.
    • 13:00 h: Homenaxe e colocación da estrela de María Vilas Vilas no paseo da fama.
    • 13:30 h: Gran sardiñada popular no porto, amenizada por Salgueiriños.
    • 17:00 – 20:00 h: Festa infantil con inchables e festa da escuma.
    • 18:00 h: Partido de fútbol solteiros contra casados nas pistas de Punta do Castro.
    • 20:00 h: Misa en honra a San Cristovo con bendición de vehículos no adro da igrexa.
    • 22:30 h: Noite de festa con Planet Discomóvil, Mateo Abelleira e o grupo EVA-10.
  • Domingo, 23 de agosto:
    • 10:00 h: Bombas de palenque e pasarrúas con Salgueiriños.
    • 11:00 h: Misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor e coa intervención de Salgueiriños.
    • 12:30 h: Procesión terrestre e posterior embarque en catamarán para a procesión marítima e a ofrenda floral polos mariñeiros falecidos.

Para embarcar no catamarán, a organización repartirá os pases de acceso ás portas da igrexa parroquial a partir das 10:30 horas (media hora antes do inicio da misa), ata completar a capacidade máxima da embarcación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.