Belén do Campo e María Sampedro supervisan os traballos de carpintaría do Obradoiro de Emprego XI

31 Agosto 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, visitou dúas das actuacións do obradoiro de emprego Tahume XI neste municipio, unha iniciativa dos Concellos de Ribeira e O Son que está permitindo formar durante nove meses a 20 persoas desempregadas nas especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, traballos de carpintaría e móbel e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e móbel.

Durante a visita, a delegada desprazouse a dous puntos nos que o alumnado-traballador desenvolve os seus traballos, onde puido coñecer de primeira man a evolución das actuacións e intercambiar impresións coas persoas participantes.

A representante do Goberno galego salientou a importancia destes programas para facilitar a adquisición de competencias profesionais e contribuír á mellora da empregabilidade. Concretamente, supervisou as actuacións de carpintaría e móbel na escola infantil municipal e as intervencións realizadas na parcela de San Roque de conservación e mellora de montes.

En datas vindeiras comezaran os traballos de instalación dunha pasarela de madeira no Campo de Fútbol Carreiro, en Aguiño.

Obradoiro Tahume XI

No obradoiro Tahume XI ao longo destes nove meses, os alumnos-traballadores desenvolven un total de 29 actuacións de mellora e acondicionamento de espazos, equipamentos e zonas verdes nos dous municipios, 16 no concello de Ribeira e 13 no municipio de Porto do Son.

No caso de Ribeira, entre as actuacións que se están a desenvolver figuran os traballos de fabricación e tratamento de mobiliario para a escola infantil municipal, realizados nas especialidades de traballos de carpintería e moble e de aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería. Tamén se están a acometer actuacións de fabricación e instalación de mobiliario en centros educativos, como as mesas rústicas de exterior para o colexio A Capela de Carreira e as mesas-merendeiro con bancada para o colexio de Deán.

O alumnado tamén participa na mellora e mantemento de diferentes equipamentos municipais, entre eles a reposición do valado do parque infantil de Sirves e os traballos de mantemento no parque infantil de Caticovas. Outra das principais liñas de traballo en Ribeira está relacionada coa conservación e mellora de montes, con actuacións en parcelas situadas, ademais de en San Roque, en Soidade, Cruxeiras, Frións, Fieiteira, Castelo, Couso, Pedra Sombra, Deán Grande e Conlleira.

Investimento

O programa conta cun investimento autonómico de preto de 547.000 euros dos cales 92.000 son para 20 incentivos que consisten en 3.000 euros para as empresas por persoa contratada e outros 1.500 para o concello por cada inserción alcanzada. Este taller formativo comezou o 1 de xullo e rematará o 28 de febreiro de 2027.

Do Campo puxo en valor “a aposta do Goberno galego polos obradoiros de emprego, unha liña de actuación que permitirá este ano desenvolver preto dun cento de programas en toda Galicia, cun investimento de 48,1 millóns de euros para formar a arredor de 2.000 persoas sen emprego”.

Na provincia da Coruña están aprobados 27 obradoiros de emprego, cun investimento superior aos 13 millóns de euros e dos que se benefician 540 alumnos e alumnas. No caso da comarca do Barbanza, “a Xunta financia 5 obradoiros de emprego cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros, que permitirán formar a 100 persoas desempregadas”, lembrou, engadindo que ademais do de Ribeira con Porto do Son, participan nesta iniciativa os obradoiros promovidos por Boiro, Muros con Carnota, Noia con Lousame e Outes e Rianxo.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.