As históricas cucañas da Ponte de Padrón sobre o río Ulla volven congregar a centos de persoas nunha edición de récord

16 Agosto 2026
  • Rubén Gontad, veciño de Bexo, coroouse campión tras ser o primeiro en capturar a bandeira vermella sobre o mastro con sebo.
  • A cita, documentada desde 1919, alcanzou os 60 participantes cun aumento notable de mocidade e mulleres.

Centos de persoas déronse cita este domingo na Ponte (Padrón) para presenciar un dos espectáculos máis emblemáticos e tradicionais do verán galego: as cucañas sobre o río Ulla. O evento, con rexistros históricos que se remontan a 1919, volveu poñer a proba o equilibrio e a destreza dos concursantes nunha tarde marcada pola emoción, as risas e as inevitables caídas á auga.

Nesta edición, Rubén Gontad, veciño da parroquia de Bexo, proclamouse campión ao facerse co cobizado pano vermello no extremo do mastro engraxado. O segundo posto foi para Fidel Buceta («Fidel da Ponte»), veciño do lugar e presidente da Comisión de Festas, mentres que o terceiro caixón do podio o ocupou Roberto Rial, tamén da Ponte.

A xornada destacou polo auxe na participación, alcanzando un total de 60 persoas. Desde a organización subliñaron o crecente relevo xeracional, cunha presenza cada vez maior de xente nova e mulleres que se atreven a afrontar a esvaradía vara de madeira.

O rexedor padronés, Anxo Arca, xunto á concelleira de Festas, Chus Campos, e o edil de Deportes, Luis Mariño, seguiron a competición desde as bancadas municipais habilitadas para a ocasión. Desde o Concello trasladaron a súa felicitación aos gañadores, participantes e á Comisión de Festas polo labor de salvagardar unha das tradicións máis senlleiras da identidade local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.