A Pobra do Caramiñal acollerá a XVII edición da súa Carreira Popular o vindeiro domingo 30 de agosto

23 Agosto 2026

A Pobra do Caramiñal prepárase para recibir o domingo 30 de agosto a XVII Carreira Popular, un evento organizado conxuntamente polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. A proba, integrada no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, está aberta tanto a deportistas con licenza federativa como a afeccionados sen federar

O certame abrangue desde as categorías sub-6 ata máster e contará ademais coa modalidade Sapatilla Inclusiva, destinada a atletas con diversidade funcional.

Horarios e trazado

O circuíto terá a saída na rúa Xerardo Fernández Albor e a meta no interior da praza Alcalde Segundo Durán, discorrendo polo peirao comercial, o aparcadoiro Díaz de Rábago, a ponte de Santo Antonio, o paseo dos Areos e varias rúas do centro urbano.

  • 10.45 h: Sub-10
  • 11.00 h: Sub-12
  • 11.15 h: Sub-14
  • 11.30 h: Sub-16, Sapatilla Inclusiva e carreira absoluta (~8 km para sub-18, sub-20, sub-23, sénior e máster)
  • 12.45 h: Sub-6
  • 13.00 h: Sub-8

Inscricións e retirada de dorsais

O prazo para formalizar a inscrición remata o xoves 27 de agosto ás 14.00 horas a través da web Carreiras Galegas. O trámite é gratuíto para as categorías base (de sub-6 a sub-16) e para Sapatilla Inclusiva, mentres que desde sub-18 ata máster ten un custo de 8 euros. A retirada de dorsais realizarase na praza Alcalde Segundo Durán ata media hora antes de cada saída.

Premios e servizos

A entrega de trofeos celebrarase ás 13.30 horas na zona de meta. Haberá medallas conmemorativas para todos os participantes en sub-6 e sub-8, ademais de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Na carreira absoluta entregaranse premios en metálico aos cinco primeiros postos xerais masculinos e femininos (250, 150, 100, 75 e 50 euros), xunto cun bonus especial de 200 euros para quen bata os récords do circuíto (27:09 en feminina e 23:45 en masculina).

O evento contará con asistencia médica, seguros deportivos e servizo de fisioterapia en meta. Para máis información, o Departamento de Deportes municipal atende na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler (de 9.30 a 14.30 horas) e nos teléfonos 981 832 590, 981 831 545 e 619 229 946.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.