A nova aeroliña Fly2Galicia estrearase en decembro en Santiago con oito destinos

16 Agosto 2026

Unha compañía aérea de nova creación, Fly2Galicia, anunciou que comezará a operar a partir do 1 de decembro coa apertura dunha base en Santiago de Compostela, desde onde voará a ata oito destinos diferentes cun total de 17 frecuencias semanais.

Entre as oito cidades, cinco son destinos internacionais: Bruxelas, Praga, Múnic, Venecia e Milán. Estas súmanse a outras tres conexións nacionais (Zaragoza, Alacant e Granada), que a operadora deu a coñecer publicamente este domingo a través das súas redes sociais.

Segundo detallou, o voo inaugural, que sairá o mesmo 1 de decembro, será o de Santiago-Zaragoza. Para ese mesmo día están programados outros dous voos internacionais, que de momento non concretou. O resto de conexións comezarán a funcionar esa mesma semana.

O vindeiro martes, 18 de agosto, habilitará a web para reservas. Entón, o público poderá consultar ao detalle as frecuencias, horarios e prezos. Con todo, anticipou que as viaxes ás tres cidades españolas custarán desde 19 euros; as pasaxes a Milán e Bruxelas venderanse a partir de 39 euros, e os voos a Múnic, Praga e Venecia sairán desde 49 euros.

A aeroliña asegurou que mesmo a tarifa máis reducida incluirá dúas pezas de equipaxe de man; en concreto, unha maleta de cabina de oito quilos e un artigo privado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.