A Lombiña vibrou coa nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia

18 Agosto 2026

A praia da Lombiña acolleu esta fin de semana unha nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia, unha cita deportiva celebrada nas categorías feminina e masculina.

Na categoría masculina, o primeiro posto foi para Nathan Matos e Carlos López, de Vigo; Ismael Martínez e Manu Queiro, de Ribeira e A Coruña, ocuparon a segunda posición; e Cristóbal Álvarez e Guantes, de Vigo, completaron o podio.

Na categoría feminina, Tania Alvite e Andrea Riva, da Coruña, proclamáronse gañadoras; Marta González e Xudit Carrete, de Vigo, acadaron o segundo posto; e Noemí Araujo e Jacqueline Casal, tamén de Vigo, ocuparon a terceira posición.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal trasládanse os parabéns ás parellas gañadoras e a todas as persoas participantes nesta nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.