A Escola de Danza Oitos leva ao Noela (Noia) o espectáculo “Expedición Querina”

23 Agosto 2026

A Escola de Danza Oitos leva este martes Expedición Querina ao Coliseo Noela

Comezará ás 20:00 h e será un espectáculo de danza a beneficio da Cruz Vermella.

As entradas custan 6 € e póñense á venda este luns, a partir das 17:00 h, no propio Coliseo Noela.

Máximo de dúas entradas por persoa.

Expedición Querina recolle a epopea histórica do navegante veneciano Pietro Queirini, quen no século XV deixou documentada unha peregrinación a Compostela que coincide ao 100% co traxecto actual do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia e que deu lugar ao nacemento da Vía Querinissima, que agora busca o seu recoñecemento como Itinerario Cultural Europeo por parte do Consello de Europa.

Trátase dunha iniciativa promovida dende o Xeodestino Ría de Muros Noia e a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, na parte galega, e a Asociación Internacional Vía Querinissima e o Consello Rexional do Véneto, na parte internacional.

Conta coa colaboración do GALP Costa Sostible, da Consellería do Mar, da Unión Europea e do Concello de Noia.

A obra conta coa dirección artística de Verónica Martínez, con música composta por Sara Martínez, artes visuais de Suso Xogaina e luz e son da man de Javier Grey. Ten a Antía Queiruga Díez, como bailarina principal, á fronte doutras 25bailarinas da Escola de Danza Oitos: Elia Ríos Martínez, Marina Outón Caramés, Alejandra Ronquete Vila, Natalia Romero Pais, Daniela González Fernández, Daniela Agra Romarís, Uxía De La Iglesia Pérez, Emma Pedrosa Blanco, Mara Rodríguez Mayán, María Ríos Martínez, Sara Varela Gándara, Irea Santiago Ferreiro, Aldara Fernández Armental, Lucía Abeijón Suárez, Sara Martín Cambeiro, Carolina Coiradas Quintáns, Ainara Vilas Docampo, Irene Fajín Valiñas, Irene Riveiro León, Noa Gómez León, María Turnes Arias, Sofía Castaño Iglesias, Carmen Blanco Santamaría, Sara Martínez Narváez e Marina Blanco Cereijo.

Expedición Querina é un espectáculo de danza, música e imaxe co mar como protagonista, Querini como guía e Compostela como destino. Consta dunha apertura e tres partes perfectamente diferenciadas, dende a súa partida de Creta o 25 de abril de 1431 na nave Querina cunha tripulación de 68 mariñeiros, ata a súa chegada a Compostela, pasando por lugares como o santuario da Virxe do Camiño en Muros ou o templo de San Martiño de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.