A Confraría de Pescadores de Laxe leva o seu peixe fresco á Praza de Abastos de Noia cunha degustación gratuíta

27 Agosto 2026

A Confraría de Pescadores de Laxe celebrará este domingo, 30 de setembro, unha degustación gratuíta de tapas elaboradas con peixe fresco da súa lonxa no interior da Praza de Abastos de Noia, a partir das 12:00h. A actividade instalarase no primeiro posto desde a entrada da praza, buscando así a maior visibilidade posíbel para todos os asistentes ao mercado.

Á fronte das elaboracións estará o cociñeiro Miguel Mosteiro, embaixador dos peixes e mariscos de Laxe, que ofrecerá aos asistentes dúas preparacións distintas realizadas con peixe da lonxa de Laxe. En total, repartiranse máis de 300 tapas gratuítas, ata esgotar existencias.

Esta acción forma parte da campaña de promoción do peixe de Laxe impulsada pola confraría co apoio do GALP Costa da Morte, que xa recalou este verán en Santiago de Compostela, tras a edición do pasado ano, con accións en Vimianzo e A Coruña. A campaña continuará o 10 de setembro cunha nova cita en Carballo, e pecharase o 1 de outubro no Parador Costa da Morte, en Muxía.

O obxectivo destas accións é “fomentar o consumo de peixe fresco e de proximidade, poñendo en valor a pesca artesanal e o traballo dos mariñeiros de Laxe, fundamentais para a economía local e a cultura mariñeira da Costa da Morte”, informaron fontes do pósito da Costa da Morte.

Con esta iniciativa, a Confraría de Laxe reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade, a calidade e a posta en valor da pesca artesanal, un sector que, segundo lembra a entidade de pescadores, “representa a esencia e o futuro das comunidades costeiras de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.