A comarca de Compostela vive “unha seca severa” que xa superou a padecida en 1990, a máis grave das últimas décadas

20 Agosto 2026

Dende o 19 de febreiro de 2026, tan só se recolleron  na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC un total de 181,4 litros/m2. Esta cifra evidencia a situación de “seca severa” que vive Compostela e a súa contorna, tal e como explica José Ángel Docobo, coordinador científico do Observatorio, xa que dita cantidade corresponde aproximadamente á cuarta parte da que adoita recollerse neste período anual.

FONTE: Observatorio da USC
FONTE: Observatorio da USC

“Ben é certo que non é raro que se produzan secas de dous a tres meses, mesmo que non chovera nun mes enteiro coma en xullo de 2020, pero coma a da agora habería que remontarse, dentro deste século, a aquela outra de 2011 cando no mesmo intervalo de tempo se mediran 252.7 litros/m2. Incluso a actual supera a histórica de 1990, na que nestes últimos seis meses se recolleran 206,1 litros/m2”, destaca o profesor Docobo. Realmente, engade, “esta vén sendo a tónica de boa parte de Galicia, sobre todo a que estivo libre de treboadas estivais, dende que remataron as intensas choivas dos meses precedentes”.

Polo que atinxe ás temperaturas, no que vai de ano a máxima na cidade de Santiago foron os 38º1 rexistrados o 5 de xullo, seguidos dos 37º5 do día anterior. “Este verán xa comezou duro”, destaca José Ángel Docobo, cos 34º7 do 22 de xuño. De momento, na estación estival a temperatura superou os trinta graos en dúas xornadas de xuño, dez de xullo, e nove de agosto. Estes 21 días de altos rexistros térmicos superan xa aos 18 días nos que se deran as mesmas condicións o pasado ano.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.