“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

14 Xullo 2026

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda alcanzable. Mentres tanto son demasiados os propietarios que se aproveitan para incrementar de maneira desorbitada e abusiva as rendas ao alugueiro de vivenda habitual ou ben utilizan a posibilidade de alugueiros de tempada ou pisos turísticos.

As Comunidades Autónomas posúen as competencias en materia de vivenda pero tamén os Concellos teñen a obriga de velar polos intereses de todos os seus veciños, moitos deles que se teñen que marchar para outras localidades porque nos seus termos municipais non hai quen poida arrendar unha vivenda alcanzable e de longa duración. Non é que non existan vivendas, senón que a maioría están baleiras ou ben á espera dos turistas e visitantes, principalmente en período estival, para percibir elevados ingresos, por un curto período de tempo.

Hai que lembrar que as Administracións Públicas están obrigadas, legalmente, a garantir unha alternativa habitacional ás familias vulnerables, para iso teñen que dispoñer dun parque de vivendas públicas adquiridas directamente, por compra ou construción, ou ben a través da negociación para a cesión temporal por parte dalgúns grupos inmobiliarios ou fondos de investimento e poder destinalas a alugueiros sociais.

A vivenda hai que entendela como un Dereito e non como un privilexio ou negocio. Para iso hai que adoptar medidas radicais ás que non están dispostos os gobernantes da dereita política que prefiren manter o mesmo status e que se continúen enriquecendo algúns propietarios á conta do froito do traballo honrado de miles de familias humildes.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.