STAC mostra o corazón da súa actividade industrial nunhas xornadas abertas ao talento galego

15 Xullo 2026

STAC, compañía adicada ao deseño e fabricación de compoñentes e solucións para xanelas, portas e fachadas, celebrará os próximos días 21, 22 e 23 de xullo unhas xornadas de visita ás súas instalacións de Padrón, abertas a todas aquelas persoas que desexen coñecer de primeira man a súa realidade industrial e profesional, con independencia do seu perfil profesional.

Os percorridos, cunha duración aproximada de 20 minutos, celebraranse o martes 21 pola tarde (ás 16.00, ás 17.00 e ás 18.00 horas) e o mércores 22 e o xoves 23 pola mañá (ás 11.00 e ás 12.00 horas).

A iniciativa chega tras o recente anuncio dun plan de investimento superior aos 20 millóns de euros, co que STAC continúa reforzando a súa capacidade produtiva e tecnolóxica.

Durante as visitas, os asistentes poderán descubrir os procesos de fabricación, os novos sistemas de almacenamento automatizado e as áreas de innovación e enxeñería de produto, ademais do ambiente de traballo e a cultura interna da empresa, baseada na formación continua e o desenvolvemento profesional. Só no último ano, o persoal de STAC aumentou máis dun 15%.

Ao finalizar a visita, quen o desexe poderán manter un encontro co equipo de Recursos Humanos para ampliar información sobre as distintas oportunidades profesionais que ofrece a organización.

As persoas interesadas en asistir a algunha das xornadas poden inscribirse na Rede.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.