STAC consolida o seu crecemento cun investimento de máis de 20 millóns de euros nas súas instalacións de Padrón

03 Xullo 2026

STAC, empresa galega dedicada ao deseño e fabricación de compoñentes e solucións para xanelas, portas e fachadas, continúa avanzando na súa estratexia de crecemento cun novo plan de investimento superior aos 20 millóns de euros nas súas instalacións de Padrón. Segundo informou a dirección da empresa, “esta actuación súmase ao investimento de máis de 25 millóns de euros realizada en 2022 no seu complexo industrial de Catoira, fortalecendo o seu desenvolvemento industrial en Galicia”. O novo plan permitirá “reforzar a capacidade produtiva, optimizar procesos clave e preparar á compañía para afrontar os próximos retos de expansión internacional”, sinalan.

O plan inclúe actuacións estratéxicas destinadas a consolidar a estrutura produtiva da compañía e mellorar a eficiencia operativa en todas as súas áreas.

Entre as principais iniciativas destaca a posta en marcha dun almacén automatizado de produto terminado para expedicións, que está a permitir incrementar a capacidade de almacenaxe e reducir de forma significativa os tempos de preparación e envío.

Así mesmo, a compañía está a ampliar as súas capacidades industriais duplicando a capacidade en procesos de lacado e zincado. Estas melloras compleméntanse coa ampliación das instalacións existentes e a construción de novas naves que seguirán reforzando a estrutura industrial do grupo.

Instalacións de STAC en Padrón (Polígono Industrial Picusa)

Para os próximos exercicios, a compañía prevé novas actuacións que consolidarán a súa evolución industrial.

Neste contexto, no que a innovación, a eficiencia e a mellora continua son pancas estratéxicas clave, STAC atópase xa en fase de montaxe dun segundo almacén intelixente, neste caso para compoñentes, que multiplicará por catro a dispoñibilidade de materiais para montaxe e outros procesos produtivos, mellorando a axilidade operativa e a eficiencia interna.

Ademais, a compañía está a levar a cabo dúas actuacións estratéxicas: a ampliación da súa capacidade de montaxe mediante a construción de novas naves industriais e o desenvolvemento de novas áreas de carpintería e bancos de ensaio. Ambas as iniciativas, previstas entre finais de 2026 e comezos de 2027, reforzarán a calidade dos procesos e o deseño de produto.

Este proceso de transformación industrial acompáñase dunha evolución progresiva dos equipos humanos, en liña co desenvolvemento da compañía. Só no último ano, STAC aumentou o seu persoal máis dun 15%.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.