Ribeira prepárase para camiñar na vixésimo segunda edición da andaina 50k no 5 de setembro

23 Xullo 2026

O Concello de Ribeira xunto á Asociación de Veciños de Carreira, o Club Sachacamiños e Arousa NeO organiza a vixésimo segunda edición da súa andaina de 50 quilómetros, que se celebrará no sábado, 5 de setembro, con saída ás 09.00 horas dende o complexo deportivo da Fieteira e que agarda reunir a 300 participantes.

Na súa intervención, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou a “solidez” deste evento deportivo que “cada ano vai a máis” e na que a Administración local e o tecido asociativo establecen sinerxías para sacala adiante.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Montañismo, Alejandro López, puxo en valor que, ademais de deporte e saúde, tamén é unha oportunidade para desfrutar dos recursos paisaxísticos do municipio ao pasar por serra e mar.

A proba consta de dous bucles: un de 30 e outro de 20 quilómetros.

O primeiro emprenderá rumbo por un tramo urbano para ir polo paseo de Coroso, Gandarela, Pedra das Cabras, monte de San Alberto, Moldes, Os Muíños, senda fluvial do río Artes, Monte da Cidá, miradoiro de Pedra da Ra, parque periurbano de San Roque e volta ao complexo deportivo.

As persoas participantes que desexen completar os 50 quilómetros totais, deberán seguir despois dirección Castiñeiras, Aguiño, paseo de Couso, A Graña, Vixán, Muíños de Amendo, Parque Natural, Castro, Carreiriña, Laxes e regreso á Fieiteira.

En todo o itinerario disporanse de sete puntos de avituallamento. O secretario da Asociación Veciños de Carreira, Moncho Sampedro -na compaña de Marivén Sampedro, presidenta; Francisco Reiriz, vicepresidente; e Manuel Ramón Castiñeiras, tesoureiro- indicou que haberá controis de paso polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos. Estes controis están calculados para realizar andando a unha velocidade mínima de 4,5 km/h (11 horas máximo) e a unha velocidade máxima de 7,15 km/h (7 horas mínimo). Ditos controis estarán nos puntos de avituallamento.

O prazo de inscricións remata no 2 de setembro e realizarase a través da páxina web www.cronotec.es ou www.deporticket.com por un importe de 20 euros para participantes federados na Federación Galega de Montañismo e de 23 euros para os non federados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.