Os días 14 e 15 de agosto celébranse as Festas á Nosa de Señora de Nebra

31 Xullo 2026

A parroquia de Nebra, no Concello do Son, vai celebra os días vindeiros a súas celebracións grandes de verán: as Festas á Nosa Señora, edición 2026. Celebraranse os días 14 e 15 de agosto.

A axenda virá ateigada de actividades musicais, culturais, gastronómicas e por suposto relixiosas. Haberá verbenas, tardeos, DJ, polbeira, festa da espuma, misas e procesións, dianas e alboradas, e moitas sorpresas máis.

A celebración dará comezo o venres 14 (na honra a San Roque) a primeira hora, con dianas e alboradas a cargo do grupo Falcoeira de Nebra e misa solemne ás 13.00 horas.

Logo haberá unha sesión vermú a cargo do Dúo Charada, que repetirán á noite, na gran verbena. A xornada rematará con DJ Cobas.

O sábado 15 de agosto, día adicado á Nosa Señora, arrincará con dianas e alboradas a cargo do grupo Falcoeira de Nebra e logo haberá unha procesión dende a igrexa ata o campo da festa ás 12.30 horas.

Ás 13h comezará unha misa solemne no campo da festa e logo haberá unha sesión vermú amenizada por Dúo Branca Doble.

Logo do xantar no campo da festa (con polbeiro) dará comezo ás 16.00 o gran tardeo coa Planet Discomobil e con DJ Cobas, DJ Gilito, DJ Manu X e Tito Maverick.

Ás 17.00 horas haberá festa da auga con canón de escuma.

Pola noite actúa na verbena o Dúo Branca Doble.

Festa organizada pola veciñanza de Nebra en colaboración co Concello do Son.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.