O venres 17 arrinca en Xuño a edición 2026 das Festas de Santa Mariña

08 Xullo 2026

O vindeiro venres 17 de xuño comezan na parroquia de Xuño (Porto do Son) as Festas de Santa Mariña, que se estenderán no tempo até o domingo 19. As festas comezarán o venres coa música matinal de Os Pequenos do Barbanza e logo cunha misa solemne na honra da Virxe do Carme ás 13.00 horas. Logo haberá unha sesión vermú amenizada pola Orquestra Alianza. Polo serán, ás 20.00 horas, haberá churrascada, toro mecánico e music box. Pola noite, verbena con Alianza e Discomóbil CDC.

O día seguinte, sábado, será o adicado a Santa Mariña. As actividades comezarán con música tradicional galego a cargo dos Rexoubeiros. Logo haberá misa solemne na honra de Santa Mariña. Ao mediodía celebrarase unha sesión vermú amenizada por Mariachis. Pola tarde haberá inchábeis e festa da escuma e pola noite verbena con Euphoria, Planet e Kike Varela.

O domingo será a xornada adicada a San Antonio. Comezará coa música dos Rexoubeiros e logo cunha misa solemne na honra de San Antonio. Máis tarde comezará unha sesión vermú coa orquestra Acordes, que repetirán pola noite, a partir das 23h, coa verbena nocturna. A xornada rematará co Discomóbil Planet.

Organiza a veciñanza da Comisión de Festas de Xuño coa colaboración do Concello do Porto do Son.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.