O Programa Integrado de Emprego de Amicos acada a inserción laboral de máis da metade dos seus participantes no primeiro semestre

07 Xullo 2026

O Centro de Atención Integral de Amicos acolleu este martes un acto de recoñecemento ás 100 persoas desempregadas que participan no Programa Integrado de Emprego (PIE) 2025/26 da entidade. O evento serviu para facer balance do primeiro semestre desta edición, que rematará en decembro, e poñer en valor o esforzo dos participantes e o apoio do tecido empresarial.

O acto foi presidido polo director xeral de Amicos, Xoán España, e contou coa participación da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta de Galicia, Zeltia Lado, quen fixo entrega dos diplomas. Tamén interixeron Isabel Cañas, directora de Relacións Institucionais de Congalsa, e Carlota López, técnica de Recursos Humanos de Gadisa.

Balance positivo: 61 persoas inseridas e 97 contratos

O programa diríxese a veciños e veciñas desempregados dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Porto do Son, Rianxo e Lousame. Os resultados turísticos e industriais acadados ata o momento destacan por:

  • 61 persoas inseridas: Máis da metade das 100 persoas beneficiarias xa accederon a un posto de traballo.
  • 97 contratos formalizados: Asinasen contratos en sectores de alta demanda na comarca como o comercio, a loxística, a industria, o turismo ou a atención sociosanitaria.

Estes resultados son posibles grazas á colaboración de firmas como Gadisa, Jealsa, Vegalsa-Eroski, Grupo JJ Chicolino, Indalsu, Congalsa e diversos negocios locais, que ofrecen espazos de prácticas e oportunidades reais.

Incremento de orzamento para as vindeiras edicións

Durante o evento, a directora xeral Zeltia Lado cualificou a Amicos como “unha alianza esencial” e avanzou novidades para a vindeira edición dos Programas Integrados de Emprego da Xunta de Galicia:

O orzamento elevarase a 11 millóns de euros para promover 50 PIE de 12 meses de duración, beneficiando a unhas 4.700 persoas sen traballo.

Como novidade, reservaranse 1 millón de euros para persoas en risco de exclusión social, 2 millóns para mulleres desempregadas e outros 2 millóns para maiores de 52 anos.

Visita ás instalacións e crecemento do servizo

Tralo acto, a directora xeral visitou as instalacións para coñecer o AFD de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e o Servizo de Orientación Laboral.

Este último servizo aumentou o seu equipo ata contar con 7 orientadores laborais, o que permite estender a atención ás provincias de A Coruña e Pontevedra. Grazas a este impulso, a área de Alianzas de Amicos acadou un total de 270 insercións laborais no primeiro semestre de 2026.

O Programa Integrado de Emprego está cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), e continuará co desenvolvemento das súas accións formativas e de orientación nos vindeiros meses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.