O Noela acolle o 29 xullo a gala dos Premios Portus Apostoli e a estrea en primicia da obra gañadora “Alén do azul”

24 Xullo 2026

O vindeiro mércores, 29 de xullo, o Teatro Coliseo Noela (Noia) acollerá a gala de entrega do Premio Portus Apostoli 2025, que servirá tamén para abrir a 13ª edición do Noia Harp Fest.

A cita contará coa participación da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de César Ramos, e co arpista José Antonio Domené como solista.

Durante o concerto levarase a cabo a estrea mundial de Alén do azul, obra do compositor coruñés Teo Montero Rey, gañador da cuarta edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. Trátase dunha peza profundamente inspirada no océano e que evoca a fraxilidade do ser humano ante a inmensidade do mar. É unha obra composta especificamente para arpa e orquestra, deseñada para expandir o repertorio contemporáneo deste instrumento. O autor, TEo Motero, é un compositor coruñés de tan só 20 anos de idade. Estudou no CMUS de Culleredo e continuou o seu Grao en Composición no Conservatorio Superior de Música “Eduardo Martínez Torner” do Principado de Asturias. O galardón Portus Apostoli outorgoulle un premio económico de 4.000 euros. Non é o seu único éxito recente, xa que tamén gañou o I Premio Intercentros Melómano de Composición en 2024 coa súa obra para soprano e piano Domine, ne in furore tuo arguas me.

Será en palabras do Concello “unha gran noite para desfrutar da música en Noia e dar comezo a unha nova edición dun festival xa consolidado no calendario cultural da vila”.

A gala será o mércores, 29 de xullo a partir das 20:30 h. As entradas xa están en Ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.