O Goberno vasco interésase polo modelo integrado do Servizo de Gardacostas de Galicia

09 Xullo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu este xoves 9 de xullo ao conselleiro de Seguridade do Goberno Vasco, Bingen Zupiria Gorostidi, e á viceconselleira de Protección Civil, Joana Egiluz Ibarguen. O encontro enmarca o inicio dunha viaxe de traballo programada pola delegación vasca co obxectivo de estudar o modelo organizativo e de xestión do Servizo de Gardacostas de Galicia, adscrito á Consellaría do Mar, que, segundo salientou a conselleira, “destaca a nivel nacional por centralizar de xeito eficiente as competencias de busca, salvamento marítimo, loita contra a contaminación e control do furtivismo”.

A titular de Mar, acompañada polo subdirector xeral de Gardacostas de Galicia, Juan Carlos Codesido, amosou o potencial deste servizo autonómico, un corpo que conta con máis de tres décadas de traxectoria e máis de 140 efectivos directos e de inspección veterinaria. Villaverde salientou que “a diferenza de modelos onde as competencias marítimas están fragmentadas en diferentes departamentos, a eficacia do sistema galego radica en reunir nun único organismo civil a protección dos recursos e a resposta inmediata ante as emerxencias as 24 horas e os 365 días do ano”.

Villaverde puxo en valor o avanzado despregue técnico do servizo, que inclúe máis de 70 vehículos terrestres, catro grandes buques multipropósito, patrulleiras —como a acabada de incorporar Punta Faxilda este mesmo mes de xullo— e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2. Unha infraestrutura e modelo de xestión que esperta o interese do Goberno vasco que asumirá as competencias en salvamento marítimo o vindeiro mes de outubro.

Tras a recepción oficial e a visita aos servizos centrais en Santiago de Compostela, a delegación vasca trasladouse á Unidade Operativa de Ribeira para coñecer as súas instalacións. A xornada completouse cun percorrido técnico a bordo da patrulleira Mar de Galicia pola ría de Arousa e unha inspección ao buque multipropósito Irmáns García Nodal no porto da Pobra do Caramiñal.

A folla de ruta temporal continuará mañá venres co desprazamento da representación vasca ata o aeroporto de Peinador, en Vigo, onde visitarán a base do helicóptero Pesca 1, para despois concluír a viaxe en Marín avaliando as capacidades operativas do buque multipropósito remolcador Sebastián do Campo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.