O Goberno sitúa a Cortizo como “exemplo do modelo industrial polo que aposta España para Galicia”

20 Xullo 2026

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns 20 de xullo as instalacións de Cortizo en Coirós, salientando este proxecto “como exemplo do modelo industrial polo que aposta o Goberno de España para Galicia”.

Blanco coñeceu de primeira man o novo Centro de Reciclaxe de aluminio da compañía no dito concello coruñés en compañía do presidente da Corporación Cortizo, José Manuel Cortizo; do director da planta, Francisco Lestón; do subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e dos alcaldes de Padrón e Rianxo, Anxo Rei e Julián Bustelo.

Pedro Blanco salientou como o Goberno está a apoiar proxectos das empresas galegas que son tractoras para a economía, como os de Cortizo, que recibiu 14,7 millóns de euros do Goberno para desenvolver actuacións de modernización, innovación e sustentabilidade que reforzan a cadea de valor da industria metalúrxica.

Boa parte destes investimentos están vinculados ao Plan de Recuperación. Recentemente, o Ministerio de Industria e Turismo concedeu á compañía case 8 millóns de euros para novos proxectos industriais. Ademais, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico apoiou con máis de 4,5 millóns de euros, a través do PERTE de Economía Circular, un proxecto de fabricación sostible de perfís de PVC con materiais reciclados mediante tecnoloxías avanzadas.

“O apoio a empresas como Cortizo non só fortalece a súa capacidade para competir, senón que acelera a transformación do tecido produtivo galego cara a un modelo máis innovador, sostible e con maior valor engadido. Esa é a folla de ruta do presidente do Goberno de España: acompañar ás empresas que invisten, innovan e crean emprego de calidade”, sinalou.

O delegado tamén destacou a aposta de Cortizo por Coirós coa posta en marcha do novo Centro de Reciclaxe de aluminio, que cualificou como “un magnífico exemplo de economía circular”. “Esta planta demostra que é posible crecer sendo cada vez máis respectuosos co medio ambiente, situando a sustentabilidade e a innovación no centro da actividade industrial”, engadiu.

Estas instalacións supuxeron un investimento de 38 M€ e contan cunha superficie de 29.000 m². Desde a súa posta en marcha, Cortizo trasladou a este centro todo o proceso de reciclaxe de aluminio que estaba a realizar en Padrón. A planta de Coirós pode producir ao ano 100.000 toneladas de tocho de aluminio reciclado posconsumo, é dicir, materia prima para a extrusión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.