O Concello do Son mellora a seguridade e a accesibilidade nun dos treitos da senda peonil da Arnela

16 Xullo 2026

O Concello do Porto do Son rematou as obras de mellora da senda peonil da Arnela, un treito da ruta entre o núcleo urbano e o Castro de Baroña, un dos principais elementos patrimoniais do municipio.

O punto onde se actuou contaba cunha beirarrúa moi estreita, en partes con apenas 70 centímetros de ancho. Ademais, estaba delimitada pola beiravía (o arcén) da calzada e, polo exterior, por un pequeno parapeto de bloques de granito apoiado sobre o muro de contención da mesma, unha configuración que incrementaba a perigosidade para as persoas usuarias.

Co obxectivo de arranxar esta problemática, executouse a construción dunha plataforma pola parte exterior da beirarrúa, mantendo a mesma rasante e garantindo a protección dos peóns mediante o devandito parapeto de granito. Esta nova estrutura, cun ancho aproximado dun metro e 70 centímetros, esténdese ao longo de todo o tramo e adáptase ao perfil do muro de contención, proporcionando un tránsito cómodo, seguro e accesíbel.

Esta actuación “responde ao compromiso de mellorar os espazos públicos, garantir a accesibilidade universal e promover unha mobilidade peonil segura e respectuosa coa contorna”, sinalou o Concello do Son.

O investimento formalizouse a través dun convenio de colaboración da ARD Ría de Muros-Noia, cuxo importe ascendeu a 249.896,51 euros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.