O Concello de Rianxo rematou a renovación das luminarias LED no paseo marítimo entre A Carballeira e O Pazo

27 Xullo 2026

O Concello de Rianxo vén de rematar a renovación completa da iluminación do paseo marítimo da vila. Estes traballos encádranse no programa local de melloras nos paseos litorais e que inclúen a instalación de novas luminarias do paseo marítimo no tramo comprendido entre A Carballeira e a praia do Pazo. A intención do Concello é dar o impulso definitivo á terceira e última fase do proxecto, o que permitirá cambiar tamén o tramo comprendido entre a praia do Pazo e a praia da Torre antes de que chegue o inverno.

Estes dous proxectos suman un investimento total de 457.024,26€.

Como lembraremos, na primeira fase renovouse o tramo comprendido entre Setefogas e A Carballeira instalando luminarias de maior eficiencia enerxética.

Ademais o Concello recibiu da Deputación da Coruña a aprobación definitiva da primeira fase do proxecto para renovar o firme do paseo e os elementos do mobiliario urbano.

Nos próximos días iniciarase o procedemento de licitacións das obras.

Nesta primeira fase actuarase no treito comprendido entre Rinlo e a praia do Pazo. O proxecto conta cun orzamento total de 227.360,21€.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.