O Concello de Padrón amplía ata o 25 de setembro o prazo para participar no XII Certame Poético Rosalía de Castro

27 Xullo 2026

O Concello de Padrón acordou ampliar ata o vindeiro 25 de setembro de 2026 o prazo de presentación de obras ao XII Certame Poético Rosalía de Castro, co obxectivo de facilitar a participación dun maior número de autoras e autores nesta convocatoria dedicada á creación poética en lingua galega.

A ampliación do prazo permitirá que as persoas interesadas dispoñan de máis tempo para preparar e presentar os seus traballos a un certame consolidado como unha das citas de referencia da poesía galega contemporánea, impulsado polo Concello de Padrón como homenaxe permanente á figura e ao legado literario de Rosalía de Castro.

O concurso está aberto a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en lingua galega, non premiadas previamente noutros certames. O premio, único e indivisible, está dotado con 1.500 euros, diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As composicións presentadas deberán ter temática libre e unha extensión mínima de 400 versos. A documentación deberá remitirse por correo postal ao Concello de Padrón seguindo o sistema de plica establecido nas bases da convocatoria.

Desde o Concello anímase a poetas e creadoras e creadores literarios a aproveitar esta ampliación do prazo para participar nun certame que contribúe á promoción da literatura galega e que mantén vivo o vínculo de Padrón coa obra e coa memoria de Rosalía de Castro.

As bases completas e toda a información relativa á convocatoria poden consultarse a través da páxina web municipal e nas canles habituais de información do Concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.