O Concello de Padrón abre o 6 de xullo o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música para o curso 2026/2027

03 Xullo 2026

O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns, 6 de xullo, o prazo de matrícula para o curso 2026/2027 da Escola Municipal de Música, que ano tras ano ofrece formación musical á cativada, á mocidade e a persoas adultas do municipio. O período ordinario para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 19 de xullo, mentres que ao longo do curso se manterá un prazo extraordinario de matrícula sempre que existan prazas dispoñíbeis.

Como é habitual, a adxudicación das prazas realizarase seguindo rigorosamente a orde de presentación das solicitudes. Este mesmo criterio aplicarase na asignación de horarios naquelas materias que rexistren unha maior demanda, polo que desde o Concello recoméndase ás persoas interesadas formalizar a matrícula o antes posíbel. Ademais, o alumnado matriculado durante o curso anterior terá preferencia na asignación das prazas.

O Concello lembra que “a Escola Municipal de Música mantén unha ampla oferta formativa adaptada a diferentes idades e niveis”. Así, o alumnado poderá matricularse en Música e Movemento, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, en Linguaxe Musical e Iniciación ou optar por diferentes especialidades instrumentais como piano, frauta traveseira, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, violonchelo ou canto.

No que respecta ás taxas, o importe da matrícula será de 60 euros para Música e Movemento, 90 euros para Linguaxe Musical e Iniciación e 100 euros para as especialidades instrumentais. A ordenanza municipal contempla, ademais, diferentes bonificacións e exencións en función da renda da unidade familiar, así como reducións para familias con varios membros matriculados e para o alumnado que curse dúas materias, co obxectivo de facilitar o acceso á formación musical ao maior número posible de persoas.

Para formalizar a matrícula será necesario cubrir o impreso oficial (que pode descargarse na Rede), realizar o ingreso da taxa correspondente na conta bancaria indicada no propio formulario e presentar toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello, ben de forma presencial ou a través da sede electrónica mediante unha solicitude xeral, á que se deberán achegar tanto o impreso de matrícula como o xustificante do pagamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.