O Concello de Noia habilitará unha pantalla grande na Alameda para seguir en directo o partido España – Bélxica

10 Xullo 2026

O Concello de Noia instalará unha pantalla xigante na praza da Casa do Concello (Alameda) para seguir en directo o encontro de cuartos de final do Mundial 2026 entre España e Bélxica, que comezará ás 21:00 h. De gañar, España obtería o pase para as semifinais e mediaríase a Francia, quen se impuxo este xoves en cuartos de final a Marrocos.

Previamente á celebración do encontro, ás 20:00 h, o Noia Fútbol Club renderá unha homenaxe aos seus equipos de base polos magníficos éxitos acadados esta tempada: o Cadete, polo seu ascenso a Preferente Galega e por conquistar tamén a Copa do Sar; os Infantís, polo seu ascenso a Preferente Galega; e os Prebenxamíns, campións da súa liga.

Será en palabras do Concello “unha gran ocasión para recoñecer o esforzo da canteira do fútbol noiés e, a continuación, desfrutar xuntos dunha noite de Mundial”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.