O comercio tradicional boirense protagoniza o inicio das Festas do Verán 2026

04 Xullo 2026

O Concello de Boiro deu comezo este venres de xullo ás Festas do Verán 2026 por todo o alto co comercio tradicional boirense como homenaxeados deste ano nun pregón presentado por Leti da Taberna que recoñeceu a contribución destes negocios ao desenvolvemento económico, social e humano de Boiro ao longo de moitas xeracións.

Participaron neste pregón representantes de negocios como Noemi, a de Lola, A taberna de María, a taberna de Runs, a Casa do Demo, o bar Bocacho, a de Josefina, a ferretería de Gerardo ou zapateiro. Todos eles falaron da súa experiencia sacando adiante un negocio durante décadas, poñendo en valor o traballo diario de xeracións que contribuíron a construír un Boiro vivo e dinámico.

Esta homenaxe quixo poñer en valor o papel que desempeñan os pequenos establecementos no desenvolvemento dunha localidade como a de Boiro e no seu día a día, non só como motores da economía local senón como espazos de confianza, de atención personalizada e relación social. “Lugares onde non só se vendían produtos ou se servían cafés, viños ou comidas; tamén se compartían historias, se facían amizades e se construía comunidade”, recoñeceu a concelleira de Cultura María Outeiral na súa intervención.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu o compromiso das xeracións que contribuíron a facer medrar Boiro e resaltou a importancia de mercar no comercio local. “Estes establecementos viron medrar xeracións e ofreceron, e seguen a ofrecer, moito mais que un produto ou servizo: son confianza, son proximidade, son humanidade e, en definitiva, son Boiro”.

O programa do primeiro dia das festas continuou logo do pregón en tres escenarios distintos. Na Praza de Galicia verbena con Capitol e Suavecito; no Parque da Cachada coa Remember Fest e na Praza do Centro Social con Curi&Soundivan.

PROGRAMA

Venres 3 de xullo

20.30h – Ruada coa charanga BB+

21.00h – Orquestra Suavecito na praza de Galicia

22.00h – Pregón

22.45h – Orquestra Capitol na praza de Galicia

23.00h – Curi e Sound Ivan na praza do Centro Social

23.00h – Remember Fest de Peñas Boiro AC no parque da Cachada

Sábado 4 de xullo

10.00h – Alboradas a cargo de Os Pequenos do Barbansa

12.00h – Festa da Malla e baile con Xilbarbeira e Aroña

22.30h – Orquestra Finisterre Project na praza de Galicia

23.00h – Ortiga na praza do Centro Social

00.00h – Tributo a Julio Iglesias na praza de Galicia

Domingo 5 de xullo

10.00h – Alboradas con Ar de Loureda

12.00h – Baile con Abeloura, Ballet Folclórico Boirense e Abanqueiro

12.00h – Ruada coa Banda de Negreira

13.30h – Sesión vermú na rúa peonil con D’Crooners

20.30h – Balbina coa Banda de Música de Boiro na praza do Centro do Centro Social

22.00h – Orquestra La Oca Band na praza de Galicia

00.00h – Espectáculo piromusical na praia de Barraña

00.30h – La Banda de Ayer na praza de Galicia

Luns 6 de xullo

10.00h – Alboradas con Arume

11.00h – Festa das Peñas no parque da Cachada

12.00h – Cantos de taberna con As da Boina e Mar de Cabo

21.00h – Gramola Gominola na praza do Centro Social

22.00h – Orquestra Gran Prada na praza de Galicia

00.00h – Orquestra Origen na praza de Galicia

Martes 7 de xullo

10.00h – Alboradas con Arume

12.00h – Cantos de taberna con A Dorniña e Xoaniñas

12.30h – Ruada con Treboada

22.00h – Orquestra Marbella na praza de Galicia

23.00h – Melidaos e Lumieira na praza do Centro Social

00.00h – Orquestra Paris de Noia na praza de Galicia

Mércores 8 de xullo

10.00h – Alboradas con Arume

12.00h – Cantos de taberna con Nunca e Tarde e Ventos do Mar

13.00h – Sesión vermú na rúa peonil con Duendeneta

21.30h – Orquestra Satélites na praza de Galicia

23.00h – 9Louro na praza da Mancomunidade

00.00h – Orquestra Panorama na praza de Galicia

02.00h – Orquestra América na praza de Galicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.