O Club Náutico de Rianxo acolle, do 3 ao 7 de agosto, un curso de iniciación á vela lixeira co que colabora o Concello de Rianxo.

O presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, e o vicecomodoro do Club Náutico de Rianxo, Juan Carlos Bouzón, presentaron xunto co alcalde Julián Bustelo esta actividade formativa cuxa información figura ao completo xa na web municipal.
Os obxectivos principais do curso son achegar o mundo da vela aos alumnos e alumnas e que se divirtan navegando e dominar os aspectos da básicos da navegación.
As inscricións estarán abertas ata o 29 de xullo.
Na presentación o Concello compartiu co Club Náutico de Rianxo “a vontade de que o noso municipio conte cunha escola de vela forte cunha oferta formativa para as novas xeracións e seguiremos traballando xuntos para acadar esa meta”, sinalou o rexedor.
Información xeral do curso
Lugar: Instalacións do Club Náutico e porto de Rianxo.
Calendario: do 3 ao 7 de agosto (luns a venres).
Grupos e horarios:
◦ Quenda de mañá de 10 a 14 h.
◦ Quenda de tarde: 16 a 20 h.
Embarcacións: 6 Optimist, 2 Topaz e 1 Omega
Persoas destinatarias
Idade: Nados entre o 2010 e o 2020, ambos inclusive.
Imprescindible saber nadar.
Terán prioridade os nenos e nenas empadroados no concello e/ou socios do Náutico.




