Máis de 50 persoas participarán na actuación de foliada libre Escolas Abertas no 10 de xullo

09 Xullo 2026

O folclore vivirase ao aire libre en Ribeira coa actuación e foliada libre Escolas Abertas que promove a Xunta de Galicia e o Concello. Trátase dunha acción que reunirá a máis de 50 persoas este venres, 10 de xullo, na praza de Porta do Sol; todas elas unidas pola música e baile tradicionais e procedentes de
diversos países como Arxentina, Uruguai ou Cuba, entre outros.

A actividade comezará das 22.00 horas, en diante, unha vez remate o partido dos cuartos de final do Mundial.

Con relación a esta acción, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifesta que “seguimos dinamizando a vida cultural do noso municipio e as nosas rúas aproveitando o bo tempo do verán. Novamente, o folclore volverá a ser o protagonista coa participación de persoas de distintos países. E, máis alá de asistir como espectadores, tamén teremos ocasión de sumarnos coa foliada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.