Francisco Lestón presentou na súa terra “Campos de Memoria”

27 Xullo 2026

Este sábado 25 de xullo tivo lugar na antiga Fábrica de Sel, en Muros, a presentación do libro Campos de Memoria de Francisco Javier Lestón, que estivo acompañado por Juan Caamaño Cebreiro, Socorro Leis París e Caridad González Cerviño, concelleira de Cultura de Muros, que foi a encargada de moderar o acto e que agradeceu ao escritor “que elixise o noso concello para presentar o seu último libro”, que é a sexta obra publicada polo muradán Francisco Lestón.

A cita, ateigada de público, foi un encontro literario especial para o autor, de fondo significado, por celebrarse precisamente en Muros, “onde comezou todo”. Segundo relatou Francisco nos días previos, “en 2013 regresei a Muros para presentar a miña primeira novela, La eternidad en 231 días, e aquel día comezou unha aventura literaria que nunca imaxinei que me levaría a publicar seis libros e a percorrer un camiño cheo de historias, emocións e aprendizaxes”.

Catorce anos despois Francisco volve ao mesmo lugar para presentar unha novela que precisamente fala da memoria, das raíces, dos vínculos familiares e da importancia de non esquecer aquilo que nos construíu.

Sinopse e temática

A obra xorde do medo ao silencio e ao esquecemento que supón a morte das persoas maiores. A través da voz de unha avoa nada en 1922, o relato reconstrúe a vida e a capacidade de resistencia de toda unha xeración.

Trátase dunha homenaxe á transmisión familiar, á dignidade silenciosa e á necesidade colectiva de lembrar as nosas raíces.

A novela está dispoñíbel para a súa compra en plataformas en liña como Amazon ou a FNAC, así como baixo pedido en librarías físicas a través de distribuidoras como AGAPEA.

O argumento de Campos de memoria afonda nunha crónica íntima e colectiva estruturada arredor dos eixes xeográficos e históricos da Asturias mineira e a Galicia rural. A historia comeza coa imaxe evocadora da avoa sendo nena, chegando montada nun burro cunha maleta pequena.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.