Unha persoa perdeu a vida esta madrugada tras sufrirse unha saída de vía co seu vehículo e impactar contra o muro dunha vivenda no municipio da Pobra do Caramiñal.

O tráxico accidente produciuse sobre as 1:20 horas da noite no quilómetro 31 da estrada AC-305, á altura da parroquia de Posmarcos. A esa hora, un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia alertando da colisión dun turismo contra unha casa e sinalando que no interior do coche había unha persoa atrapada.
Ata o lugar do suceso desprazáronse de urxencia efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, voluntarios de Protección Civil da Pobra e persoal do servizo de mantemento da vía.
Os bombeiros lograron retirar ao ocupante do interior do turismo sen necesidade de empregar o equipo de excarceración. A pesar de que os servizos sanitarios practicáronlle manobras de reanimación cardiopulmonar sobre o terreo, non se puido facer nada por salvarlle a vida e só puideron confirmar o seu falecemento.




