Éxito de participación e superación na 3ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral en Vilaxoán

11 Xullo 2026

Máis de 130 nadadores déronse cita nesta edición, na que un grupo de 13 persoas con dano cerebral adquirido logrou completar con éxito a proba.

A solidariedade e o deporte uníronse este mediodía en Vilaxoán coa celebración da 3ª edición da Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, unha cita que pechou as súas portas cun balance inmellorable e batendo un récord histórico de participación ao superar os 130 nadadores e nadadoras.

Máis aló das cifras, o gran fito da xornada levouno o grupo de 13 persoas con dano cerebral adquirido que participaban na travesía. Todos eles foron quen de culminar a proba con éxito, demostrando a eficacia e o impacto positivo do programa de natación adaptada que Dano Cerebral Galicia promove desde finais de 2025.

Este evento deportivo e de visibilización foi posible grazas á estreita colaboración entre a asociación Arousaman-Arousawoman, o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Fundación de Deportes municipal.

Amplo respaldo institucional

A entrega de premios e o acto central da xornada contaron cunha destacada representación das administracións públicas, que quixeron amosar o seu apoio a esta causa. Entre as autoridades presentes estiveron:

  • Luciano Fernández, presidente de Dano Cerebral Galicia.
  • Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa.
  • Carlos Coira, presidente da Fundación de Deportes de Vilagarcía.
  • Javier Tourís, deputado de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra.
  • Begoña Abeijón, directora xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia.

A organización celebrou o éxito organizativo dunha proba que xa se consolidou no calendario deportivo da comarca de Arousa como un referente de inclusión, superación e solidariedade.

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.