“Etapas vitais” – José Manuel Pena

09 Xullo 2026

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na maioría das ocasións, por facer uso da boa fe e o depositar a confianza en persoas que non a merecían.

A envexa, o rancor, a soberbia, a avaricia, a falta de empatía, a insolidariedade ou a ira case sempre nos acompañaron, ao longo da nosa existencia. Estivemos rodeados de todos os estados de ánimo posibles e destes elementos negativos que frearon noso camiñar cara á liberdade. Sempre baixo a influencia dos nosos familiares, amigos, compañeiros e veciños en xeral. Por non querer entrar en polémica, crear malestar ou simplemente tratar de facer borrón e conta nova, fomos escravos dos demais sen poder ser nós mesmos, en demasiadas ocasións.

Agora, como nos ocorre con esas dietas de adelgazamento que nunca comezamos, queremos comprometernos a non caer nos mesmos erros, tratando de cambiar situacións, deixando lonxe a negatividade e a maldade de certas persoas así como a contorna habitual para comezar unha nova etapa vital, máis plena e comprometida co que realmente vale a pena: a humildade, a solidariedade, a valentía, a empatía, a humanidade, a alegría. Sabemos que só iso levaranos á felicidade.

Enterremos o pasado, vivamos o presente, pensando no futuro das novas xeracións para que non teñan que botar a vista atrás para arrepentirse de certas decisións e poidan ser máis felices, seguindo os ditados do corazón, deixando de lado a cultura do consumismo, da soberbia e do egocentrismo endémico.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.