Dodro esixe á Xunta a limpeza “urxente” das súas estradas ante o risco para o tráfico

03 Xullo 2026

O Goberno local denuncia o “total desleixo” na conservación das vías AC-305, AC-306 e AC-307, onde a maleza invade as beiravías e reduce a seguridade de condutores e peóns.

O concello de Dodro reclama á Xunta a limpeza das estradas de competencia autonómica que atravesa o concello. Desde o goberno municipal explícase que o estado de estas vías é “lamentable en certas zonas cun total desleixo no seu estado de conservación, que se exterioriza especialmente nas beiravías con abondosa vexetación que segue medrando”.
O concello de Dodro está atravesado polas estradas AC-305, AC-306 e AC-307 e o seu estado convérteas en perigosas para a circulación de vehículos e peóns. O concelleiro de obras, Ramón Abuín, lembra que “o concello mantén a limpeza das vías de titularidade municipal cunha programación establecida ao longo de todo o ano. Só esperamos da Xuta de Galicia que faga o mesmo”
O escrito enviado á Axencia Galega de Infraestruturas o concello solicita “Que por ese organismo se poñan os medios adecuados, coa máxima urxencia, para proceder ao acondicionamento e limpeza das beiras das estradas AC-305, AC-306 e AC-307, que discorren polo Concello de Dodro”.
O goberno muicipal lembra ademais que non é a primeira vez que fas estas peticións e que “de ada serve o noso traballo se o desleixo da Xunta deixa estas estradas nun estado lamentable”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.