Comeza este venres a cita máis charramangueira: a Festa Hortera do Porto do Son

29 Xullo 2026

A organización da Festa Hortera do Porto do Son e máis o Concello (colaborador da festa) compartiron nas redes o programa completo da nova edición da Festa Hortera, que se celebra esta fin de semana que está feita á medida, indicaron, “dos seareiros da troula e da música en directo, posto que haberá concertos dende primeira hora ata a última”. A axenda desta edición adicada a MIchael Jackson comezará o 31 de xullo venres pola noite, coa celebración do CamiñoNovo Fashion Street amenizado por Paco de Leña e coa presentación da Festa Hortera con desfile charramangueiro e pasarela. Logo do desfile darase inicio oficial á XXV edición da festa, cun concerto na praza de España a cargo do Grupo Claxxon Revocution.

A axenda do sábado arrincará ás 10h coas dianas e alboradas de Os Pequenos do Barbansa e logo ás 11h haberá unha Festiña Hortera para a rapazada, con inchábeis, xogos e animación (na praza do Eugenio). Ás 12 actuará a Charanga Compostela Band e ás 13h será a quenda da Charanga Os Celtas e de Os Liantes, Ajensia Trivutaria e Los Sanguíneos que achegarán unha sesión vermú entre o Hotel Gastronómico Vila do Son e a Flora de Sal. Ás 14 horas actuará JJ Compota e ás 16 DJ Tahume. Ás 17h haberá unha festa da escuma a carón do parque infantil e ás 18h o Taller Alecrín ofrecerá un espectáculo na praza de España. Logo será a quenda de DJ Geno e CabinaMóbil, a partir das 18.30 horas.

Ás 19h será o recibimento de Michael Jackson ao longo da fachada marítima sonense e ás 19.20 volverán tocar Os Liantes. Ás 20.15 será a inauguración oficial da rúa Michael Jackson e ás 20.30 celebrarase a tradicional carreira de Tacóns, diante do Chinto (na rúa principal). Logo comezarán máis concertos a cargo de Os Liantes e Volum3n. Ás 22 h haberá un concurso de playbacks na praza de España. A festa rematará co DJ Gabri Salgado.

,

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.