As Festas de Queiruga achegarán tres días de troula (con música, xogos e gastronomía)

07 Xullo 2026

As Festas de Verán de Queiruga xa teñen programa e a Comisión de Festas compartiuno nas redes: unha axenda deseñada para residentes e visitantes de todas as idades con actividades de todo tipo: relixiosas, musicais, lúdicas e mesmo gastronómicas, co Campo da Festa de Queiruga como epicentro do programa.

A axenda dará comezo o venres 24 de xullo coa tradicional tirada de bombas de palenque. Pola noite actuará no Campo da Festa a Orquestra Finisterre. Tamén está previsto un espectáculo de DJs coa Discoteca Karamelo e DJ Luciano Macaro e Charlie.

O día seguinte 25 de xullo, adicado á Virxe dos Remedios, comezará cunha “boa traca de foguetes” e coa alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños de Noia. Haberá misa solemne ás 13.00 horas na honra da Virxe dos Remedios na Igrexa de Santo Estevo de Queiruga. Ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú con A Banda de Balbina. Pola tarde a rapazada terá inchábeis, xogos e unha festa da escuma. Pola noite haberá verbena con Ráfaga, Chocolate, DJ Kike Varela e Xián Pais.

O domingo 26 de xullo estará adicado á Virxe do Carme. Abrirá con bombas de palenque e alboradas a cargo da Banda de Música de Caamaño e Os Salgueiriños de Noia. Ao mediodía haberá unha procesión dende o Campo da Festa ata o porto de Nadelas. Ás 13h celebrarase unha misa solemne en Nadelas e ao rematar haberá procesión ata o par da praia. Ás 14.00 está prevista unha gran sardiñada no Campo da Festa con viño e pan de broa de balde. A festa gastronómica estará animada pola Charanga Mexanica.

Pola tarde, ás 18h, celebrarase o tradicional partido de solteiros contra casados en Goirís.

Pola noite, a partir das 2h, haberá verbena coa Orquestra Olimpus, CDC e Tania Veiras.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.