Amancio Prada cantará a Rosalía de Castro en Bonaval nun concerto único de gratitude

07 Xullo 2026

A igrexa de San Domingos de Bonaval acollerá o vindeiro luns, 13 de xullo, ás 20:00 horas, un concerto de Amancio Prada dedicado a Rosalía de Castro. O evento está promovido pola Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres —institución integrada polo Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e o Arcebispado compostelán—.

A entrada será gratuíta, pero será necesario retirar un convite previamente (cun máximo de dous por persoa). A reserva de entradas abrirase en liña este mércores, 8 de xullo, ás 12:00 horas, e estará dispoñible ata completar o aforo.

Un “ramo de cancións” a carón do sepulcro

O cantautor amosou unha “extraordinaria” emoción por poder actuar por fin neste espazo, un desexo que mantiña desde a súa mocidade. A cita coincide, ademais, co quincuaxésimo aniversario do seu emblemático álbum Rosalía de Castro (1975).

“Levo cantando a Rosalía desde que era un mozo, os seus versos xa formaron parte do meu primeiro disco Vida e morte (1974). E agora, no quincuaxésimo aniversario do álbum Rosalía de Castro (1975), non vou dar un concerto en Bonaval, vou depositar un ramo de cancións sobre a tumba de quen as inspirou. Rosalía segue iluminando a poesía de Galicia e de todos nós. Desde a primeira vez que entrei nese lugar, soñei con poder cantarlle alí”.

Máis de cincuenta anos de diálogo musical

A traxectoria de Amancio Prada está ligada de xeito indisoluble á obra da poeta do Sar. O recital proporá un percorrido musical e vital por ese camiño que xa forma parte da memoria colectiva de Galicia: desde as súas primeiras composicións, caracterizadas por unha pureza espida, ata as novas relecturas actuais, froito da experiencia e a madurez.

Máis alá de conmemorar o aniversario do disco, o artista define esta velada musical como unha “cerimonia de gratitude” e unha oportunidade única para comprobar como a música e a poesía seguen tecendo pontes de emoción e memoria compartida.

https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos/340-igrexa-de-san-domingos-de-bonaval/x3am6vf0-50o-aniversario-rosalia-de-castro

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.