Alana recala o sábado 11 no Porto do Son

01 Xullo 2026

O Grupo Alana aterrará en Porto do Son este 11 de xullo ás 23:00 horas. O concerto terá lugar na praza de España e, ao longo do mesmo, a agrupación deleitará ao público cun proxecto musical singular no que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop

A súa posta en escena e a súa forte vinculación coa cultura popular e o baile leváronnos a participar en numerosas citas musicais de todo o país e tamén noutras de carácter internacional.

A formación aterrará no municipio con Un saber, o segundo segundo disco. Trátase dun traballo dedicado ao saber popular das cantareiras e informantes.

A agrupación está formada por:

Antía Vázquez (voz e pandeireta) é de Oleiros.

Pablo Castro (percusións e gaita) é de Vimianzo.

Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) é de Ponteceso (da parroquia de Corme)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.