A XVIII Andaina por Parellas de Rois celebrarase o 26 de setembro tras o seu aprazamento pola vaga de calor

15 Xullo 2026

A XVIII Andaina por Parellas de Rois, que tivo que ser aprazada a comezos de xullo debido á alerta por altas temperaturas seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, xa ten nova data de celebración. A cita deportiva terá lugar o vindeiro sábado 26 de setembro.

O Concello de Rois e o Colectivo Remonte informan de que as persoas que formalizaron a súa inscrición para a data inicialmente prevista manterán automaticamente a súa praza, sen necesidade de realizar ningún trámite adicional.

No caso de que algunha das persoas inscritas non poida participar na nova data, a organización permitirá a súa substitución por outra.

Ademais, o próximo 26 de agosto abrirase un segundo prazo de inscrición, no que se facilitará toda a información necesaria para cubrir as prazas que poidan quedar dispoñíbeis.

A Andaina por Parellas de Rois é unha proposta deportiva e de lecer xa consolidada no calendario do municipio que combina actividade física, convivencia e o descubrimento da riqueza natural e paisaxística do concello.

A proba consistirá nun percorrido circular de aproximadamente 15 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo para favorecer a participación de persoas de diferentes idades e condición física.

A saída será ás 16.30 horas desde o Polideportivo Municipal de Rois, punto no que tamén estará situada a meta. O itinerario discorrerá por distintos núcleos e espazos do municipio, entre eles Rois, Penicias, O Foxo, Infesta, Os Dices, A Pontenova, Cornes, A Peruca, A Peroxa, Lamego, Seira, a Capela do Socorro e Oín.

A organización lembra que os menores de 14 anos deberán participar acompañados por unha persoa adulta e que a recollida de dorsais se realizará o propio día da proba, entre as 15.15 e as 16.15 horas.

A XVIII Andaina por Parellas está organizada polo Concello de Rois, en colaboración co Colectivo Remonte, a Deputación da Coruña e Protección Civil.
As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de Deportes do Multiúsos de Rois, no teléfono 981 816 061 ou contactando co Colectivo Remonte no 630 708 485.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.