A Pobra lembra á veciñanza o horario de verán da Oficina Municipal de Información ao Consumidor

01 Xullo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal lembra á veciñanza que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), situada no primeiro andar da Praza de Abastos, continúa prestando servizo durante os meses de verán.

O horario de atención ao público é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas. Ademais, co fin de facilitar o acceso ao servizo ás persoas que non poden acudir en horario de mañá, a oficina ofrece atención en horario de tarde previa cita.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor ofrece información, asesoramento e orientación gratuíta sobre cuestións relacionadas co consumo, así como apoio na tramitación de consultas, reclamacións e conflitos derivados da compra de bens ou da contratación de servizos.

As persoas interesadas poden contactar coa oficina a través do teléfono 981 831 545 (extensión 3) para solicitar información ou concertar unha cita.

Horario de verán da OMIC

  • De luns a venres: de 10.00 a 14.00 horas.
  • Atención en horario de tarde: previa cita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.