A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

14 Xullo 2026

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X. 

A xornada dará comezo ás 10.00 horas, mentres que a reunión de delegados está prevista para as 09.00 horas na carpa da organización. Ao longo da mañá disputaranse as diferentes probas, con distancias adaptadas a cada categoría. 

O percorrido desenvolverase na contorna da praia dos Areos. As saídas realizaranse desde o areal, en formato beach sprint, e a chegada estará situada no mar, sinalizada mediante unha boia. 

A organización establece unha participación libre por clubs, sempre que exista dispoñibilidade de embarcacións para a competición. Ademais, as inscricións tramítanse a través da plataforma da Federación Galega de Remo e os clubs participantes deberán contar coa correspondente licenza federativa en vigor. 

O Concello da Pobra do Caramiñal colabora nesta cita deportiva, que conta tamén co apoio de diferentes entidades e empresas patrocinadoras, e anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á praia dos Areos para seguir de preto o desenvolvemento da competición e apoiar ás e aos participantes. 

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.