“A lingua das forzas e corpos de seguridade”. Xosé González Martínez

05 Xullo 2026

O artigo 2.3. da Constitución española establece que “a riqueza das distintas modalidades
lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial repeto e
protección”. Os estatutos dos territorios con autonomía propia quedaron facultados para
lexislar sobre esa aludida protección. Mais ese reparto competencias non exime ao
Estado de asumir a parte alícota que lle corresponde no fomento de medidas de política
lingüística.
O Real Decreto 798/2025 crea e regulamenta o Consello das Linguas Oficiais e a Oficina
para as Linguas Oficiais, dispoñendo que “a oficinalidade de ditas linguas vencellará,xa
que logo, a todos os poderes públicos no territorio, incluída a Administración Xeral do
Estado”. O Tribunal Constitucional nunha sentenza de 1986 xa advertira o obrigado
recoñecemento da pluralidade lingüística.
A Irmandade Xurídica Galega vénse manifestando nesa liña doutriñal, de aí que alertase
moitas veces das desacertadas opinións que non interpretan correctamente o alcance da
cooficialidade. É certo que as competencias en defensa do patrimonio cultural son
maioritariamente da Xunta de Galicia; pero tamén das corporacións locais nas que
podemos observar o escaso uso da lingua galega das respectiva policias locais,e tamén
doutros organimos autónonomos. A teor do preceptuado pola Lei de Normalización están
obrigados a desenvolveren políticas lingüísticas propias (“os poderes públicos de Galicia
adoptarán as medidas oportunas”…). Neste senso cómpre salientar a iniciativa promovida
pola Irmandade Xurídica Galega o pasado ano para que Xunta de Galicia e Ministerio de
Xustiza asinasen o acordo de galeguizar o programa informático Atenea.
Con estes fundamentos xurisprudenciais e lexislativos, a Irmandade Xurídica Galega
celebrará o próximo día 9 de xullo, ás 18:30, no Paraninfo da USC un acto de sinatura da
“Declaración sobre o uso das linguas oficiais nas relacións entre a cidadanía e as forzas e
corpos de seguridade do Estado”, coa presenza de representantes cualificados do
Goberno central do que dependen os da Policía Nacional, Garda Civil, Servizo de
Vixianza Aduaneira e Policía Autonómica. Tamén participará a Fegamp, que engloba a
todos os concellos que teñen policiais locais, e a Fiscalía Superior de Galicia. O IMELGA,
que o ano pasado tramitou máis de 34.000 pericias forense, estará representada pola
Xunta de Galicia. Ese caudal documental potenciará a presenza do noso idioma nas
institucións que os tramiten.
A Irmandade Xurídica Galega, que articulou este acordo coa Delegación do Goberno e
Xunta de Galicia, pretende que as FCSE, recoñezan a oficialidade lingüística do galego,
“promovendo e facendo normal o uso do galego, tradicionalmente excluído, nas relación
orais e escritas coa cidadanía, incorporando a lingua galega na tramitación dos
procedementos administrativos nos informes da Policía Científica que teñan por
destinatarios as Seccións de Instrución dos Tribunais de Instancia dos Partidos Xudiciais
de Galicia”. A participación e implicación de dona Aïna Calvo Sastre, Secretaria de
Estado de Seguridade, é a mellor garantía do éxito deste acordo.

Este compromiso inclúe tamén “tomar a iniciativa en galego para atender chamadas,
iniciar conversas e procedementos, sen prexuízo do dereito que asista á cidadanía a
relacionarse e optar por calquera das linguas cooficiais. Neste sentido asumimos o
compromiso de tomar declaracións ás persoas interesadas na lingua da súa elección e a
empregala para a redación escrita da mesma”.
Para todo isto cómpre adecuar os procedementos informáticos de uso nas oficinas
policiais. As institucións asinantes, ao tempo, comprométense á formación contínua e
respeto do coñecemento do galego oral e escrito, asi como dos dereitos lingúísticos da
cidadanía nas súas relacións coas FCSE,facendo fincapé na importancia que ten neste
proceso a Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta de Galicia.
*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.